Sunday 16 March 2014

Extremaución

"Convertinme en escrava de paixases oscuras...
lume no que aínda loito por me erguer"

Iolanda López.( Moralla 2013).






Dádeme o vértice da palabra,
cando non atope
o abrazo das voces,
porque nada impedirame
anoar a sengradura da lúa.

Será deste crebar
do mar na marea,
onde residan os meus versos orfos, se cadran,
na néboa sen abrente.

Máis agora, fragmentado o meu sangue,
quedarame regresar en dirección oposta ao amar,
abrirme aos corpos agochados
para escoller as apalpadas do suicidio.

Tería que resucitarme....
máis os arrepíos de facelo
dinme que non.


Culleredo ( 2013)






Thursday 6 March 2014

Anatomía e drama

"Cortacheste coa lúa- ese coitelo
De gume derramado-
E xa non sabes. 

Ramiro Fonte.





Aparentemente me atopei
coa extensión dun bico
-figurante no respirar dun mundo-
naquela cidade de vidro.

Tan desimulado foi seu devorar
que me resignei a ser célula e átomo;
reaunadarme nos espazos e os seus pasos
para transitar nas súas sombras fracasadas.

Hoxe, rematado o seu feitizo
só resta un pouso
íntimo, azul e hipnótico
daquel drama ingobernable.




Tuesday 21 January 2014

" Theatro pectoris " ( Teatro do peito )

Ensoño

No meu leito, pola noite,
busquei o amor da miña alma;
busqueino e non o atopei "
Cantar dos Cantares. ( Cant.5.1)





Fixenme unha ás de pequenos soños
para me deitar no penol da súa ollada deshabitada;
resucitar existencias, simetrías de mil carmíns.

Agora vencido polo fracaso do meu corpo
todo é un resto fútil do que puido ser.



Adicado a Argentina.


Wednesday 15 January 2014

Pensa en min

Houbo un dia
lugar e hora exacta
na que me mataches...

E non sei cando



A miña avóa Lasa.
( Lembranzas de cantarme boleros ).

(Culleredo. Xaneiro. 2014)

Monday 13 January 2014

Migración

Autoría. Jesús Rodríguez
Un recorrente silenzo anunciaba
o sacrificio da galaxia.

Infinitos soños sen ronsel
medraban na periferia dos pàlpitos.

Alleo 
bebìa da sombra.




Culleredo. Xaneiro. 2014