Wednesday 23 October 2013

Catarse

"Noite te penso sen estrelas. "
Eva Veiga . ( Fuxidíos )



Soñei que vivía alí,
na braña afoutada.
Agardando o bico ingobernábel,
cando prendia na túa habitación
o canto acougado da acaricia.

Fiquei,
 no outeiro
 perfumado da túa vulva,
co devalar suave da miña voz,
coma quen abría o solpor da inocencia

E de súpeto ,desapareciches,
-naquel outono de dous mil trece-
introducindo o verme frio
neste retorno lene.

Hoxe
lúa desta lonxanía odiada,
entoldo a noite,
para morar na esquina muda
nun acto último de querer


                      





Culleredo. Outono. 2013







               













No comments:

Post a Comment