convidote
a remar en min,
a navegar minhas águas secretas... "
Mariquinha Cl
Na torre
somos esqueletos
emboscados na lúa,
engaiolados pola fenda
que traspasa á derrota,
cando arrastrados polo corvo
co seu brazo executor,
fitamos na estampa dunha Ítaca somerxida,
inconclusa, absurda, escrava de si....
Máis nesas horas das tempestades
anunciaránnos vagalumes de Vía Láctea
con inesgotábeis versos de amor.
E eu digovos:
Agardade polo instante,
porque será
o voso derradeiro e único acto de SER
Culleredo. Outono. 2013. Revisada e ampliada Febreiro 2014
![]() |
Galeón. Autoría. Xose I. "O poeta do mar" |
No comments:
Post a Comment