Friday 20 September 2013

Nocturno

Decidiron
repartilo tempo:

" Tres horas para ti.
Tres horas para el.
Tres horas para ambolos ".

Na dez,
na once,
na doce.

Permaneceron
no silenzo
da vela azul.

Non eran nada,
nin sequera amantes.
Quizais,
argonautas
sen ronsel,
dunha odisea
non escrita.

                       ( Culleredo. Xullo. 2013 )

No comments:

Post a Comment